O tenente de alcalde do Concello de Laza, Jorge Lorenzo Vila, visitou hoxe a práctica totalidade das aldeas do seu concello co gallo de facerlle entrega, aos cativos do municipio, dun diploma acreditativo do seu bo comportamento neste estado de alarma. O premio levaba aparellado unha bolsa de gominolas e una máscara confeccionada por Dolores Pérez, xerente da tenda local Queiper Laza, a quen Lorenzo Vila quixo agradecerlle, unha vez máis, a "súa xenerosidade e solidariedade neste xesto organizado pola Tenencia da Alcaldía", asegurou.
Jorge Lorenzo, entregando a tarde deste martes os agasallos aos cativos do concello.
Jorge Lorenzo visitou a un total de 58 cativos de todo o concello, espallados pola capitalidade pero tamén por moitos dos núcleos onde se atopaba algún deles, como o caso de Carraxo, Navallo ou Correchouso, cun só neno en cada aldea.
Algunhas das máscaras preparadas por Dolores Pérez, de Queiper Laza.