sábado. 27.04.2024
1
As formigas, un dos momentos máis álxidos do Entroido de Laza.

Nas terras de Laza arrancaron o Entroido hai tempo, foron os primeiros do triángulo máxico en facelo. Xa van os folións pequenos. A partir de ahí, seis días de troula para celebrar o Entroido 2024. Peliqueiros, toxos, fachóns, formigas, bombos, a Morena, unha boa farrapada, música a todas horas pola rúa, os Maragatos e a Xitanada do Burro, reparto de bica e cachucha, o testamento do Burro... un sen fin de festexos para divertirse e sentir o ancestral espírito do Entroido de Laza. 

Tamén, a Cea gastronómica do Cocido, cada ano con máis xente disposta a degustar a tradicional comida do Entroido.

Programación do Entroido de Laza 2024:

Xoves de Comadres, 8 de febreiro

  • 14:00h: folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro polas rúas de Laza.
  • Pola noite: a Cea de Comadres rematará coa verbena a cargo do "Grupo 3.com".

Venres de Folión, 9 de febreiro

  • Pola tarde: pasarrúas do grupo tradicional "Tanto nos ten".
  • 21:30h: Cea gastronómica do Cocido.
  • 00:00h: Gran Folión, con saída dende o fondo da Cerdeiriña camiño de Cimadevila.

Sábado de Cabritadas, 10 de febreiro

  • A praza da Picota será o escenario da Fariñada dos nenos; ao remate, festa na rúa con música a cargo do grupo "LouBand".
  • Pola noite, será a quenda da Cabritada da mocidade, con troula e verbena con "Grupo 3.com".

Domingo de Estrea, 11 de febreiro

  • Pola mañá: Estrea dos Peliqueiros e pasarrúas coas charandas "Europa" e "Terra de Trives"; logo da saída da misa, os peliqueiros farán o seu tradicional saúdo e reparto de bica.
  • Á media tarde: desfile de carrozas típicas, coa charanga "Terra de Trives" e o grupo de música tradicional "Os varacuncas".
  • Á noitiña: baile coa charanga "Los Támega" e verbena coa orguestra "La Travesía".

Luns Borralleiro, 12 de febreiro

  • Pola mañá: pasarrúas cos grupos "No cómbaro" e "Varacuncas", farrapada na praza da Picota, Maragatos e Xitanada de burros.
  • Pola tarde: batukada a cargo de "Latexo percusión" e música coa charanga "Bicoia", baixada da Morena e reparto das cachuchas na Picota.
  • Á noitiña: festa na rúa cos "Festicultores" e a orquestra "Unión y fuerza" durante a verbena.

Martes de Entroido, 13 de febreiro

  • Pola mañá: saída dos peliqueiros veteráns  e pasarrúas coa charanga "Los tattoo" e o grupo "No cómbaro".
  • Pola tarde: baile coa orguestra "Alma latina", Testamento do burro, o enterro do Entroido e loito dos peliqueiros.
  • Á noitiña: música na rúa coa charanga "BCB".

ENTROIDO 2024 | Peliqueiros, formigas, farrapada e a baixada da Morena en Laza