sábado. 27.04.2024
José Ramón Barreal y José González - visita Laza Plan Estratéxico Castiñeiros 202401
José Ramón Barreal e José González durante o percorrido por terras de Laza.

O conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde de Laza, José Ramón Barreal, deron un paseo polas fermosas e ricas terras de Laza para visitar a zona na que se poderían facer novas plantacións de castiñeiros nesta localidade e aqueles soutos que se poderían recuperar para a produción.

Un bo paseo co obxectivo de que o conselleiro coñeza as posibilidades do Concello de Laza para fomentar o sector da castaña no territorio e incluílo no marco do Programa estratéxico do castiñeiro que ten en marcha a Xunta de Galicia.

O día foi ben aproveitado e tamén visitaron unha explotación de gando vacún en extensivo coa idea de ver as posibilidades que iste sector ofrece no medio rural, xa que a Xunta vén de abrir a solicitude das achegas aos produtores que traballen baixo a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.

Recuperación de soutos

O proxecto da Consellería do Medio Rural para a recuperación e nova plantación de soutos forma parte do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, que busca converter os castiñeiros nunha ferramenta estratéxica para contribuír ao fomento dos recursos forestais non madeireiros.

Un plan forestal, deseñado para acadar a "neutralidade carbónica”, con cinco eixos de intervención que abranguen dende a aposta pola planificación e investigación ata a mellora da competitividade e do valor engadido das empresas.

A IMAXE DE... | A recuperación dos soutos en Laza?