domingo 19/09/21
Traballan todo tipo de produtos e servizos orientados cara á mellor atención ao cliente

NOTICIAS DE EMPRESA | EuroShopping, en Chaves, o 'xigante' dos grandes almacéns

IMG-3629-min
A entrada dos almacéns Euroshopping, en Chaves. | FOTO: M. D.

Non lles gustaría poder entrar a un lugar e atopar todo, absolutamente todo o que precisan? Ese lugar é EuroShopping, un dos grandes almacéns referentes na localidade lusa de Chaves. "Cando entra un cliente queremos facerlle saber que aquí pode atopar todo tipo de produtos. A nosa misión é ter unha boa relación calidade-prezo-moda", afirma Marco Alves, o marketing manager da empresa.

Percorrendo o local, amplo e diáfano, que xa leva en funcionamento máis de 20 anos, pódense observar distintas categorías perfectamente diferenciadas. Moda, calzado ou complementos. Electrodomésticos, equipamento de tódalas áreas do fogar, uniformes, puericultura, xoguetes, artigos de viaxe... "Temos moita clientela porque ofrecemos unha ampla variedade. Roupa para tódalas idades, para tódolos gustos... moitos produtos a un bo prezo", engade Marco. Tamén destaca a importancia de elixir marcas de calidade, apostando firmemente polo produto nacional, para que o cliente saia o máis satisfeito posible. "Temos marcas internacionais, moitas españolas que traballan o coiro, o algodón de primeira calidade...pero o noso punto forte son as marcas portuguesas".

IMG-3638-minAs distintas categorías de produtos en EuroShopping. | FOTO: M. D.

Referentes na moda, son especialistas en traxes de festa polo que o outfit perfecto para calquera celebración tamén está en EuroShopping. Seguen apostando polos eventos, aínda que estean un pouco resentidos pola pandemia. "Sempre vendemos moito para cerimonias aínda que este ano non tanto. O coronavirus impediu as festas e iso notámolo", di Marco. Non obstante ve o futuro con bastante optimismo. "Hai moita melloría agora, coa apertura de fronteiras con España. Aos españois gústalles moito a idea dos grandes almacéns. Un terzo dos nosos clientes son galegos", engade. Dispoñen tamén dunha sección de tallas grandes que oscilan entre a XXL e a 5XL, e ata a 70 no caso dos pantalóns, algo que "marca a diferenza".

Un terzo da nosa clientela son españois, en concreto, galegos (Marco Alves, traballador de EuroShopping)

Un dos puntos fortes de EuroShopping son as súas constantes ofertas. Contan cunha sección de outlet, promoción fixa que atrae a moitos dos clientes. "É unha promoción que sempre temos, que xunto coa sección low cost da tenda, é un dos atractivos principais". Pois non soamente existen produtos para tódalas idades e gustos, senón tamén para tódolos petos. A sección low cost permite seguir beneficiándose das novidades pero a un prezo máis asequible. 

E, para os amantes da tecnoloxía, existe unha ampla variedade que engloba dende o pequeno ata o gran electrodoméstico, cun servizo propio de entrega e instalación. "Temos garantía tamén para tódolos españois que se animen a comprar un electrodoméstico. Moitas veces, dálles medo por se teñen algún tipo de problema. Pois tranquilos, nós aquí facémonos cargo de todo", afirma Marco.

IMG-3652-minRute, unha das traballadoras de EuroShopping, atendendo a unha clienta. | FOTO: M. D.

Renovarse ou morrer

O equipo de traballo, formado na actualidade por 5 asistentes comerciais, está altamente comprometido na satisfacción dos clientes, cos que procuran cultivar unha relación de confianza e durareira no tempo. Están á súa disposición tódolos días da semana, incluídos domingos pola tarde. Son moi activos tamén no seu perfil das redes sociais, onde a diario interactúan cos seus máis de 4.000 seguidores. Tamén na páxina web, que naceu hai seis meses en plena crise sanitaria. "Foi unha maneira de renovarnos, xa temos dispoñibles máis de 2.000 produtos en liña e tódolos días actualizamos contidos. Foi unha moi boa idea abrila, non só porque a xente se anima a mercar, senón porque ven produtos na web e iso tradúcese despois en visitas físicas á tenda", afirma Marco, encargado da páxina web. 

MARCO ALVESMarco Alves móstranos como actualiza a páxina web a diario, coa pequena cafetería de fondo. | FOTO: M. D.

Todos estes servizos compléntanse cun pequeno espazo para o relax, unha cafetería onde poder hidratarse despois dun longo día de compras. Sen dúbida, un lugar moi completo no que o máis importante é a atención en tódalas súas versións; de moi sinxelo acceso e onde as facilidades comezan incluso antes de entrar pola porta, cun gran aparcadoiro dispoñible para tódolos clientes. Poden visitalo na avenida Dom João I, Edificio Alfa de Chaves, en horario ininterrompido de 10:00h a 20:30h (hora España).

NOTICIAS DE EMPRESA | EuroShopping, en Chaves, o 'xigante' dos grandes almacéns
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade