viernes. 26.04.2024
As lapas comezaron ás 00:30 horas local, logo dunha explosión nunha das habitacións.
As lapas comezaron ás 00:30 horas local, logo dunha explosión nunha das habitacións.

Dúas mulleres, unha de 97 anos e outra de 55, faleceron esta madrugada nun incendio que tivo lugar na localidade de Vilarinho da Raia, en Chaves, moi cerca da fronteira con España. 
 

Os Bombeiros Voluntários de Salvação Pública (BVSP) foron alertados pouco despois das 00:30 horas local deste martes, logo de que se dera unha explosión na habitación dunha das falecidas. 

"Quando lá chegamos a casa estava tomada pelas chamas, era uma casa antiga, o soalho -piso- tinha cedido, havia algumas paredes caídas, não sendo possível entrar", asegurou a Diário de Chaves o comandante dos BVSP, José Carlos Silva.
 

As dúas mulleres falecidas eran nai e filla, e pereceron carbonizadas. A Polícia Judiciária (PJ) fíxose cargo da investigación das causas do incendio.

Ata o lugar acudiron dez bombeiros, apoiados por tres vehículos e dúas ambulancias, que nada puderon facer por salvar a vida ás veciñas de Vilarinho.  

Morren carbonizadas dúas mulleres en Vilarinho da Raia (Chaves), preto de Feces