Imprimir

Un conselleiro do Ribeiro na Feira dos Viños de Monterrei

Xosé Lois Colmenero | 09 de agosto de 2019

Programa de actos, dende hoxe venres e ata o vindeiro domingo 11 de agosto.
Programa de actos, dende hoxe venres e ata o vindeiro domingo 11 de agosto.
Rubén Riós é este ano o pregoeiro da festa. Logo do acto de inauguración, quenda para o nomeamento de confrades e a música de El Consorcio

A Xunta de Galicia vén de confirmar a presenza do seu conselleiro de Medio Rural, o ourensán José González Vázquez, nos actos de inauguración dunha nova edición da Feira dos Viños de Monterrei que hoxe venres, a partires das oito, dará comezo. 

Este ano, o pregoeiro será o actor e director da comarca, Rubén Riós, que exercerá a súa encomenda na praza da Alameda de Verín. Ao remate, e despois dos discursos institucionais, nos que se agarda que o conselleiro se dirixa ao público e expositores, a representación política percorrerá as diferentes casetas das adegas participantes espalladas no lugar, antes de dirixirse cara a Igrexa Parroquial de Verín onde, como novidade este ano, terá lugar o acto de nomeamento de confrades da Confraría de Viños de Monterrei

Os diferentes postos da feira pecharán, este venres, ás 23 horas, para deixar paso ao concerto de "El Consorcio", na praza García Barbón da vila

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/auga-vino-terra/conselleiro-do-ribeiro-feira-vinos-monterrei/20190808201511003207.html


© 2020 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei