sábado. 27.04.2024
Na praia fluvial de "O Coiñedo" ultimábanse os trabajos para ter todo listo para a xornada inaugural. | FOTO: Noelia Caseiro.
Na praia fluvial de "O Coiñedo" ultimábanse os trabajos para ter todo listo para a xornada inaugural. | FOTO: Noelia Caseiro.

A Veiga acollerá ista fin de semana a que será a terceira edición de "Crianza Trevinca", a exposición agrogandeira que naceu coa intención de render homenaxe as persoas agricultoras e gandeiras por manter con vida o rural e traballar en prol do desenvolvemento do territorio.

Se ben a inauguración oficial do evento será o sábado, ás 12h. na praia do Coiñedo, a programación festiva dará comezo na noite do venres cun dobre concerto feminino na Praza do Toural. Ás 21:00 horas, Caamaño & Ameixeiras, un dúo ligado á música e ó baile de raíz premiado nos Martín Códax da Música 2021; a continuación, será a quenda da gaiteira Susana Seivane.

20231011 crianza trevinca a veiga - concerto susana seivane
Concertos na Veiga ó abeiro da feira "Crianza Trevinca".

Ó longo da fin de semana celebraranse diversas actividades para todas as idades: degustación de produtos locais, exhibición de oficios tradicionais, concursos, cata de viños, saída dos bois xunguidos, elaboración tradicional de augardente, pasarrúas, espectáculo ecuestre, campionato de bolos e a propia exposición agrogandeira.   

Dúas xornadas, sábado 14 e domingo 15, de exaltación da riqueza do rural galego nas terras de montaña do Concello da Veiga na que participarán a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Banda de gaitas e pandereteiras da Veiga.

Haberá exposición de produtos locais, ademais de úteis de labranza, maquinaria agrícola e máis dun cento de cabezas de gando. | FOTO: Noelia Caseiro.
Haberá exposición de produtos locais, ademais de úteis de labranza, maquinaria agrícola e máis dun cento de cabezas de gando. | FOTO: Noelia Caseiro.

A Veiga reivindica o valor do rural na feira agrogandeira "Crianza Trevinca"