domingo. 19.07.2026
A Denominación de Orixe participou nun encontro en Tegueste (Tenerife) para intercambiar coñecementos con territorios con identidade vitivinícola

A D.O. Monterrei viaxa ata Canarias para mostrar a súa excelencia no evento "Vinos y Viños"

Do Monterrei Evento_Canarias (1)
Ao longo da xornada ofrecéronse degustacións dos caldos de Monterrei.

A Denominación de Orixe (D.O.) Monterrei reforza a súa estratexia de promoción exterior participando activamente na iniciativa ‘Vinos y Viños. Tegueste y Galicia se encuentran’, impulsada polo Concello da Vila de Tegueste e a Asociación Vitivinícola local (AVITE).

Persoal do Consello Regulador da D.O. Monterrei estivo presente no evento, que permitiu compartir coñecementos e experiencias con territorios de forte identidade vitivinícola, como as denominacións canarias de Arona e Valle de Güímar. A iniciativa non só contribúe á dinamización económica local en Tegueste, senón que tamén promove o consumo responsable e a valorización dos produtos de orixe, elementos esenciais para o desenvolvemento socioeconómico.

DO Monterrei Evento_Canarias (2)
O evento celebrouse o pasado sábado no marco do "Mercadillo del Agricultor" de Tegueste.

A unión de Galicia e Canarias

Este encontro, enmarcado dentro do "Mercadillo del Agricultor de Tegueste", serviu como un escaparate ideal para mostrar a excelencia dos viños de Monterrei, uníndose ás outras catro denominacións de orixe galegas e aos Licores Tradicionais de Galicia.

Os asistentes ao Mercadillo de Tegueste puideron gozar dunha xornada completa con degustacións dos caldos de Monterrei, acompañados de gastronomía tradicional e a demostración da tradicional queimada galega. Deste xeito, a D.O. Monterrei consolida a súa presenza fóra de Galicia, subliñando a calidade e o carácter único dos seus viños.

A D.O. Monterrei viaxa ata Canarias para mostrar a súa excelencia no evento "Vinos y...