venres 17/09/21
Cine, música e gastronomía para toda a familia

AXENDA | Sen plans para esta fin de semana? Velaí algunhas propostas de lecer

Axenda cultural.
Axenda cultural.

Segunda fin de semana de setembro coa rutina xa instalada e co verán case de despedida. Aínda así, velaí tedes algunhas propostas contra o aburrimento nestas vindeiras xornadas, porque os días de lecer son para desfrutar! Tomade nota!

Venres 10 de setembro:

Continúa durante esta tarde a celebración do Festival Internacional de Curtametraxes no Auditorio municipal de Verín, coa proxección de filmes de tres das categorías a concurso -Horizontes, A Raia 1 e Nova 3- e unha especial homenaxe a un actor, cómico e comunicador moi coñecido e querido nos nosos fogares, o ourensán Sergio Pazos. A súa ampla traxectoria avala a este profesional que participará nun coloquio co público e ofrecerá tamén un dos seus mellores monólogos.

Sábado 11 de setembro:

Como todos os días 11 de cada mes, feira pola mañá na praza da Alameda e na praza García Barbón de Verín. Segunda deste mes de setembro, onde os protagonistas son, coma sempre, os postos dos comerciantes, as polbeiras e os produtos típicos da nosa horta. 

Xa pola tarde, degustación gastronómica como cada sábado de verán no 'Imos de pincho' en Laza, iniciativa que os organizadores estenderon ao mes de setembro. Por só 1,50€ e a partir das 19:30h, poderán degustar os diferentes aperitivos dos hostaleiros da zona.

Unha hora despois, ás 20:30h, o Patio de Armas do Castelo de Monterrei acollerá en concerto ao grupo musical noiés 'Momboi' e á súa fusión de pop, rock e folk en galego. A entrada é libre e respectando todas as medidas de seguridade contra a Covid-19.

Case de maneira simultánea, ás 21:00h, dará comezo a gran gala de clausura do Festival Internacional de Curtas en Verín, cunha retrasmisión especial deste medio para todos vostedes. Moi atentos ás nosas redes sociaisDurante a gala anunciaranse as curtas gañadoras do certame en cada unha das categorías. Continuará tamén o servizo de foodtruck nos exteriores do Auditorio.

Domingo 12 de setembro:

Quenda para os máis cativos coa fin de festa do FIC. A partir das 18:00h, proxección da película de animación de Disney, 'Fantasía', estreada no ano 1940, e que vai mergullar a toda a familia nun ambiente teatral mentres soan fragmentos de pezas de música clásica. 

Ao remate, ás 21:00h, o palmarés do FIC Vía XIV 2021 será proxectado, de balde, no Auditorio para todos aqueles interesados en visionar as obras gañadoras. 

AXENDA | Sen plans para esta fin de semana? Velaí algunhas propostas de lecer
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade