viernes. 19.04.2024

Evento

'Fantasía' de Disney, un filme teatral e musical para toda a familia

21/8/21 a 12/9/21
18:00 a 20:00
Auditorio Municipal de Verín
'Fantasía', o filme teatral e musical de Disney para a cativada.
'Fantasía', o filme teatral e musical de Disney para a cativada.

'Fantasía' é un dos clásicos da compañía Disney, orientado a un público familiar. Estreada en 1940, trátase dun filme teatral e musical, no que a raíña é a música clásica, e que será presentado no marco do Festival Internacional de Curtas na despedida desta sexta edición.

A película comeza como se estiveramos nun teatro: un telón ábrese mostrando unha escea de penumbras, siluetas do que parece son músicos con sons de instrumentos afinándose. O narrador, como se estivera nunha retransmisión, dá a benvida aos espectadores mentres a sonoridade dos instrumentos se percibe con máis claridade. 

 

Comentarios