Evento
Unha semana na sexta edición do FIC Vía XIV de Verín

Chega setembro e con el unha das citas máis importantes do cine na comarca. Arrinca a sexta edición do FIC Vía XIV que ten lugar no Auditorio Municipal. Dará comezo este sábado día 4 coa preestrea do documental 'Tierra de leche y miel', do verinés Héctor Domínguez-Viguera e alongarase ata o vindeiro día 12.
Entre a trintena de curtas que se proxectarán no seo do festival, moita presenza local, na que destaca 'Capuchóns', do xornalista verinés Íñigo Rolán, entre outros. Un total de 26 filmes entrarán a concurso acompañados doutros moitos que se proxectarán de balde e arroupados por diversas actividades complementarias.
O sábado 11 pecharase o festival coa gran gala final e os gañadores serán galardoados o domingo 12, cando a quenda será dos máis cativos coa proxección de Fantasía, un clásico de Disney. Este ano réndelle homenaxe ao actor e director ourensán Sergio Pazos.