sábado 06.06.2020
Na estación de servizo da A - 52 da localidade amenceu un home duns 50 anos, a pé, con cartos e dous macutos

"O viaxeiro" a pé e sen rumbo das Ferreiras, en Riós

A estación de servizo "O viaxeiro", do Riós, amenceu esta mañá cun singular inquilino. Un viandante que pernoctou nun cartón no exterior da instalación, sen rumbo definido pero con cartos no peto

O curioso inquilino que hoxe amenceu na estación de servizo "O viaxeiro", en Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
O curioso inquilino que hoxe amenceu na estación de servizo "O viaxeiro", en Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A sorpresa foi maiúscula para o persoal da estación de servizo "O viaxeiro", ubicada no kilómetro 143 da A - 52, xusto na saída cara a capitalidade do municipio do Riós. Alí estaba un varón, de entre 50 e 60 anos, cuns vaqueiros, polo laranxa, visera e chaleco, acompañado de dous macutos. Durmiu pola noite nun cartón a carón da instalación e botou boa parte do tempo logo de espertar xogando na máquina "tragaperras" da estación de servizo. Levaba con él cartos bastantes pero nin dispuña de automóbil nin doutro medio de locomoción.

Foi o propio persoal da estación de servizo a que contactou co cuartel da Garda Civil de Riós para por no seu coñecemento a presencia do home, quen non respectaba as mínimas recomendacións que as autoridades sanitarias sinalan para a situación que estamos a vivir. 

Ata que chegou unha parella da Garda Civil do Riós, consumiu parte do tempo xogando ao solitario cunha baralla que si portaba. Os axentes determinaron que, evidentemente, non podía manterse no lugar e decidieron solicitar un taxi para trasladalo ao albergue máis próximo, o da Gudiña, onde terá a posibilidade de comer algo de quente ata que mañá luns se decida que facer con este viaxeiro que, de seguro, non entende, polo seu estilo de vida ou os posibles trastornos de conducta, de confinamento algún. 

Tense visto xa en varias ocasións pola vila de Verín, durmindo na rúa, en albergues ou mesmo acollido por algún membros de etnia xitana. Non se lle coñece domicilio, aínda que algunhas fontes apuntan a que é oriundo de Laza e responde ao nome de "Atanasio". Quen semella non sabelo aínda son os servizos sociais. 

"O viaxeiro" a pé e sen rumbo das Ferreiras, en Riós
comentarios