sábado. 27.04.2024
20240301 Reunión Luis Menor-Eva Barrio (FILEminimizer)
Luis Menor e Eva Barrio mantiveron unha reunión para analizar as necesidades de Riós.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar un total 373.887,45 euros destinados a cooperar cos concellos da provincia para a realización de diversas obras. Entre as entidades beneficiarias de axudas aprobadas na sesión desta semana están os concellos da Mezquita e do Riós, ademais da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Conso Frieiras.

O Concello de Riós obterá 84.802,11 euros para o cofinanciamento de subvencións concedidas en 2023. Ao da Mezquita concédeselle unha achega de 39.996,31 euros para a mellora da eficiencia enerxética no edificio multiusos; unhas obras que inclúen a iluminación e as fachadas.

A maiores, a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Conso Frieiras vai percibir 45.445,57 euros de axuda provincial para a adecuación de instalacións de iluminación pública. 

Reunión coa alcaldesa de Riós

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a alcaldesa de Riós, Eva Barrio, reuníronse para analizar as necesidades do municipio e as liñas de cooperación activas e previstas co ente provincial. Unha xuntanza que aproveitaron para abordar cuestións pendentes, como é o caso dun plan de rexeneración, mellora e ampliación da rede viaria municipal.

Así, durante o encontro de traballo analizaron a asignación do plan de cooperación CooperOU ao Concello de Riós. Un plan "que supón durante este ano preto de 187.000 euros, destinados fundamentalmente a investimentos e gasto corrente", explicaba Luis Menor.

NOTICIAS VERÍN | A Deputación aproba 170.000 euros en axudas para a comarca