sábado 19/09/20
Entre este e o anterior son xa 11 as persoas que padecen COVID no municipio e no seu veciño de Castrelo do Val

O Sergas detecta un novo gromo de coronavirus en Riós, con tres sesaxenarias infectadas

Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.
Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.
O Servizo de Comunicación do Sergas en Ourense vén de confirmar un novo gromo de outras tres persoas, todas elas mulleres, no Concello do Riós. Segundo informan fontes oficiais, as afectadas teñen 66, e dúas delas, 64 anos e pertencen á mesma unidade familiar.
Con estes tres novos positivos, serían 7 as persoas infectadas que residen no Concello de Riós, aínda que os dous gromos localizados nos últimos días no municipio elevan o número de infectados -con residencia noutros concellos- ata un total de once. 

O Sergas detecta un novo gromo de coronavirus en Riós, con tres sesaxenarias infectadas
comentarios