venres 22.11.2019
A produción desta tempada superará os 1,5 millóns de kilos en todo o municipio

Todas as familias de Riós ingresan, de media, entre 3.000 e 4.000 euros ao ano coa recolecta da castaña

A festa de exaltación da castaña e do cogumelo do Riós serviu para coñecer algúns dos datos do sector e as políticas que a consellería de Medio Rural ten deseñadas para un produto estrela no municipio ourensán e que chegará a supor uns catro millóns de euros de ingresos nesta campaña

Francisco Armando Romero Veiga, o alcalde do Riós, le a resolución da Corporación pola que se lle outorgan as Castañas de Ouro 2019 ao conselleiro de Medio Rural, José González (á súa esquerda na imaxe), e ao empresario José Antonio Dos Santos, á dereita do rexedor.
Francisco Armando Romero Veiga, o alcalde do Riós, le a resolución da Corporación pola que se lle outorgan as Castañas de Ouro 2019 ao conselleiro de Medio Rural, José González (á súa esquerda na imaxe), e ao empresario José Antonio Dos Santos, á dereita do rexedor.

O Concello do Riós acolleu onte a vixésimo quinta edición da súa principal festa, a da exaltación dos produtos de tempada e da que o municipio que preside o popular Franscisco Armando Veiga é un dos principais referentes na comunidade. Boa proba delo, ademáis dos datos cos que conta a consellería de Medio Rural, que viu como lle outorgaban a Castaña de Ouro ao seu titular, o ourensán do Ribeiro José González; son os recursos que este froito do que xa aparecen referencias 5.000 anos atrás, xera. Segundo deu a coñecer o rexedor, na recepción previa ao acto protocolario de entrega de galardóns, "todas as familias do Concello do Riós ingresan unha media de entre 3.000 e 4.000 euros ao ano pola colleita das castañas, non é que sexan uns ingresos suficientes para manter a unidade familiar, pero si que constitúen un complemento extraordinario que mantén todas as economías domésticas locais", sinalou Francisco Armando Veiga Romero

Segundo as estimacións máis optimistas, aínda que -como así apuntou outro dos galardoados coa Castaña de Ouro, o empresario local José Antonio Dos Santos, de quen dixo o alcalde "nos leva sacado as castañas do lume durante moitos anos"- a campaña está a traer produto de pouco calibre e non moi sabrosa, cando remate poderán alcanzarse os 2 millóns de kilos recollidos, que suporá uns ingresos totais duns 4 millóns de euros de manterse o prezo do kilogramo da castaña, entre 1,8 e 2 euros. "Mellor que a pedrea do sorteo de Nadal da Lotería Nacional", afirmou o conselleiro José González

LIÑAS MESTRAS DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Foi éste quen, logo de recibir no salón de plenos a condecoración concedida pola Corporación local, o que desgranou algunha das liñas mestras do seu departamento de cara a potenciación dun sector que di é primordial nas súas políticas. Falou de cal é a folla de ruta da Consellería de Medio Rural, que ten como obxectivos irrenunciables a prevención -no caso dos lumes-, a recuperación do territorio produtivo da comunidade e a aposta pola calidade da produción agrogandeira e forestal. "Temos unha calidade agrogandeira espectacular, e temos que traballar por recuperar a nosa terra", afirmou con rotundidade, pouco antes de anunciar que neste mes de novembro chegará ao Parlamento de Galicia a nova Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria, que permitirá desenvolver actividade agrogandeira de calidade nas terras que hoxe están abandonadas. Nesa liña, José González aclarou que, respectando sempre a propiedade privada, desenvolveranse polígonos agrogandeiros e forestais e tamén instrumentos de xestión conxunta da terra, coa finalidade de poñer en valor a terra dunha maneira excepcional e ligada ás producións de calidade.

Xa no ámbito máis local -considerando que a provincia de Ourense supón o 75 por cento da produción da castaña de toda a comunidade- e referido a iste sector, adiantou que antes de que remate o ano estarán totalmente inventariados todos os soutos produtivos galegos, que superarán de seguro as 30.000 hectáreas en toda a comunidade, traballo previo para por en marcha un ambicioso plan de recuperación de soutos tradicionais facendo unha transformación dos mesmos que sexa compatible coa posta en marcha de novas plantacións, sempre respectando o produto autóctono pero mellorándoo xenéticamente para ganar en calidade, aspecto no que xa se traballa dende o Centro de formación y experimentación agroforestal de Lourizán (Pontevedra), dependente da Consellería de Medio Rural. 

Finalmente, e xa nunha terceira fase, explicou o conselleiro, abordarase a implantación dun modelo de aproveitamento deses soutos, coa finalidade última de que sexa un elemento dinamizador do territorio rural e que será totalmente compatible coas novas plantacións de castiñeiros que se están a impulsar.

Tanto este Concello como a Xunta están a facer moito polo sector da castaña, pero eu véxolle un futuro moi negro porque os xóvenes non queren quedar no rural aínda que da castaña se poidan obter uns ingresos que permiten vivir moi dignamente a unha familia (José Antonio Dos Santos, empresario local que recibiu a Castaña de Ouro)

A VOZ DE TRINTA ANOS DE EXPERIENCIA NO SECTOR

Pola contra, o galardoado este ano coa outra Castaña de Ouro, o empresario local José Antonio Dos Santos, amosábase moito máis pesimista ao escoitar os plans da consellería de Medio Rural. Non escondía a súa satisfacción polo recoñecemento nin a aposta que "tanto este Concello como a Xunta están a facer polo sector da castaña, pero eu véxolle un futuro moi negro porque os xóvenes non queren quedar no rural aínda que da castaña se poidan obter uns ingresos que permiten vivir moi dignamente a unha familia", certificaba. Ademáis, alertaba doutro dos perigos do produto galego: a castaña china. "Aínda non foron capaces de igualar o sabor que ten a nosa, pero no momento en que o fagan, van a acabar con todo", reflectía un home do Riós que levan case trinta anos comercializando os produtos dos soutos dos veciños do municipio. 

rios5Unha boa representación do PSdeG de Ourense deixouse ver pola festa da castaña do Riós, acompañados polo subdelegado do Goberno, Emilio González, moitos anos médico de cabeceira na localidade.

Veñen agora a inventariar os soutos galegos logo de trinta anos de políticas do Partido Popular que só fixeron mirar cara o outro lado no problema do despoboamento do rural (Juan Carlos Francisco, secretario de organización do PSdeG en Ourense)

Tamén crítico, aínda que desta vez apuntando directamente á Consellería, ás súas políticas e aos propios xestores do Público na comunidade, se manifestou á saída do acto de entrega de premios o candidato socialista por Ourense ao Senado, Juan Carlos Francisco Rivera, quen dixo que "veñen agora a inventariar os soutos galegos logo de trinta anos de políticas do Partido Popular que só fixeron mirar cara o outro lado no problema do despoboamento do rural. Tamén nos falan de por en marcha polígonos industriais para que o valor engadido dos produtos non saia fora, que se deixen de promesas e que desbloqueen, sen ir máis lonxe, o polígono de Tamagos en Verín", afirmou o secretario de organización provincial do PSdeG, o verinense Juan Carlos Francisco. 

Todas as familias de Riós ingresan, de media, entre 3.000 e 4.000 euros ao ano coa...
comentarios