venres 17/09/21
No marco do evento Showroom Vidivinos

NOTICIAS VERÍN | Nova parada na ruta dos viños de Monterrei, en San Sebastián

Os viños da D. O. Monterrei, no Showroom Vidivinos de San Sebastián.
Os viños da D. O. Monterrei, no Showroom Vidivinos de San Sebastián.

O vindeiro martes día 14 de setembro, os viños da Denominación de Orixe Monterrei tomarán rumbo a unha nova parada do seu percorrido nacional. San Sebastián será o lugar que acolla o Showroom Vidivinos no que participarán por segunda vez. Un evento destinado aos profesionais do sector para facilitar e impulsar unha comercialización directa do produto. 

Esta iniciativa terá lugar no Hotel Londres, de 12:15 a 15:00h pola mañá e de 17:00 a 21:00h pola tarde, para desfrutar dos viños, tintos e brancos, destas 21 bodegas da D. O.:

  • Ladairo
  • Pazos del Rey
  • Gargalo
  • Pazo das Tapias
  • Castro de Lobarzán
  • Vinos Lara
  • José Luis Gómez Ibáñez
  • Crego e Monaguillo
  • Quinta do Buble
  • Terras do Cigarrón
  • Triay
  • Tapias Mariñán
  • Fragas do Lecer
  • Vía Arxéntea
  • Abeledos
  • Tabú
  • Franco Basalo
  • Alba Al-Bar
  • Trasdovento
  • Quinta Soutullo
  • Manuel Vázquez Losada

 

A participación no evento permitirá reforzar a imaxe da marca e mostrar, in situ, as grandes características dos viños de Monterrei, fidelizar ao público consumidor e abrir novas vías de mercado. Os asistentes, ademais de catar os viños da Denominación, poderán descubrir as peculiaridades edafoclimáticas, as variedades de uva, as tipoloxías de viño, a cultura e a tradición vitivinícola da nosa zona. 

NOTICIAS VERÍN | Nova parada na ruta dos viños de Monterrei, en San Sebastián
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade