luns 16.09.2019
Esta mañá, na sede do Consello Regular, tivo lugar a cata oficial da colleita do pasado ano

A añada dos viños de Monterrei 2018 obtén a calificación de "moi boa"

Esta mañá tivo lugar a cata oficial da colleita 2018 na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Os seus integrantes, todos expertos do sector, calificaron, logo de analizar as mostras anóminas presentandas, de "moi boa" a añada do pasado ano

Integrantes do panel de cata oficila da colleita do 2018 da Denominación de Orixe Monterrei. | FOTO: Cedida
Integrantes do panel de cata oficila da colleita do 2018 da Denominación de Orixe Monterrei. | FOTO: Cedida

A añada 2018 da Denominación de Orixe Monterrei vén de acadar, esta mesma mañá, a calificación de "moi boa", logo de que se celebrase, nas súas instalacións, a cata de calificación da colleita do pasado ano. Nela participaron representantes das diferentes asociacións profesionais e do panel oficial da Denominación.

Os expertos alí concentrados destacaron que os brancos de Monterrei "teñen unha destacada intensidade aromática con perfís moi diferenciados". Os tintos son, como así apuntaron, "moi varietais, sen aristas e cunha grande armonía en boca"

Os catadores tiveron diante de si unha representación proporcional dos viños da Denominación. Todas as mostras foron analizadas por cada un deles, realizando con posterioridade unha valoración a cegas, para así respectar os criterios de obxectividade.

A nota final da añada resultou do cálculo da media das puntuacións concecidas por cada experto a cada unha das mostras presentadas polo Consello Regulador, engadindo neses parámetros tanto as referencias dos viños tintos como dos brancos. Finalmente, a puntuación obtida trasladouse a unha táboa de correspondencias que devolveu a calificación final da colleita. 

INTEGRANTES DO PANEL DE CATA OFICIAL

No panel de cata, que estivo presidido pola máxima autoridade do Consello, Lara Da Silva, participaron Carmen Fernández (xornalista de Vinetur e do Clúster de Turismo de Galicia), Juan Carlos Gómez (responsable de Viños e Alimentación de Carrefour Galicia), Aurelio Vázquez (presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia"), Iria Taibo (sumiller, formadora, traductora de adegas), Rosa Domínguez (Asociación de Enólogos de Galicia) e dous dos integrantes do panel oficial do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Begoña Gómez e Jonatás Gago.

A añada dos viños de Monterrei 2018 obtén a calificación de "moi boa"
comentarios