viernes. 26.04.2024
Algunos bares de Verín volvieron este domingo a montar sus terrazas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Terraza dun dos bares de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vén de anunciar as novas medidas restritivas nas que destaca a flexibilización dos horarios da hostalería na meirande parte dos bares do distrito sanitario de Verín, agás os de Vilardevós e A Mezquita. 

Así, con carácter xeral, dende o venres poderán abrir ata as 21:00 horas, pasando os límites de aforo no interior ao 50 por cento, e no exterior ao 75 por cento

No caso da Mezquita, como aínda se mantén no nivel alto, a hostalería só podrá aperturar as súas terrazas, tamén como hora tope as 21:00 horas. 

Vilardevós é o único concello do distrito que permanece co sector hostaleiro completamente pechado

Non estarán autorizadas as reunións de non conviventes nos domicilios, dende o venres e durante toda a Semana Santa

As medidas que afectan a toda Galicia salvo aos tres concellos pechados e que entran en vigor o venres supoñen: mobilidade en todo o territorio, prohibición de reunións nas casas particulares, reunións de até catro acodes (sexan convivientes ou non) nos interiores dos restaurantes e reunións de até seis acodes nos exteriores (terrazas, natureza, parques...). A hostalaría estará aberta até as 21,00 horas e aumentaranse, na mesma proporción que en hostalaría (como máximo o 50 por cento), os aforamentos de actividades culturais, deportivas e de culto.

Mantense o toque de queda ás dez

Galicia adapta así o documento acordado polas comunidades autónomas no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) para a ponte de San Xosé, festivo en Galicia (e outras comunidades) e as datas de Semana Santa. O toque de queda mantense nas 22 horas e está vixente o peche perimetral da comunidade.

Na rolda de prensa ofrecida este mércores, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, precisou os primeiros días de Semana Santa haberá unha revisión das medidas que poderán empezar a aplicarse nos días festivos (desde o propio Xoves Santo). Con todo, advertiu de que, aínda que a intención é avanzar na desescalada dando pasos adiante paulatinos, as medidas que se adopten, de habelas, poden ser menos ou máis restritivas en función da evolución da pandemia.

Por tanto haberá que esperar ao comité clínico que se celebrará o 29 ou 30 de marzo para coñecer en concreto as medidas que rexerán nos festivos de Semana Santa. As novas medidas anunciadas este mércores estarán vixentes desde este venres 19 ás 00,00 horas até, como mínimo, Semana Santa. Respecto diso, Feijóo precisou que se revisará igualmente a listaxe de concellos incluído en cada nivel, que si poderá variar a semana que vén.

Os catro niveis

O nivel de máximas restricións segue sen cambios e afecta os concellos que teñen unha incidencia de máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes. Son: Vilardevós, Paradela e Maside.

O nivel de restricións alto, aplícase a concellos cunha incidencia entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes. Medidas: hostalaría até as 21,00 horas, só apertura de terrazas cun aforamento do 50 por cento. Aplicarase aos seguintes municipios: Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo.

Nivel de restricións medio, aplícase a concellos cunha incidencia entre 250 e 150 casos por cada 100.000 habitantes, que suman, após a última actualización deste mércores, un total de 14 concellos: Boimorto, A Coruña, Culleredo, Mugardos, Ponteceso, Valdoviño, Bergondo, Laxe, Chantada, Guitiriz, Pantón, Sober, Soutomaior e Coles.

As medidas para este grupo de municipios (o 12,4 por cento da poboación) son a apertura da hostalaría até as 21,00 horas, cun 30 por cento de aforamento no interior e un 50 por cento das terrazas.

Nivel de restricións baixo, aplícase aos concellos que teñen unha incidencia de menos de 150 casos por cada 100.000 habitantes e que son 290 en toda Galicia, o 85,6 por cento da poboación. A hostalaría poderá funcionar cun aforamento do 50 por cento interior e un 75 por cento nas terrazas.

Cabe lembrar que nos interiores dos establecementos de hostalaría (abertos nos niveis medio e baixo) só poderán reunirse catro acodes (sexan ou non conviventes) e nos exteriores, até seis.

Os bares do distrito sanitario de Verín, agás os da Mezquita e Vilardevós, abrirán no...