martes. 16.04.2024
A Mezquita estará ata o venres no nivel máximo. | FOTO: Iván Iglesias.
A Mezquita estará ata o venres no nivel máximo. | FOTO: Iván Iglesias.

O comité clínico de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da crise sanitaria provocada polo coronavirus acordou, na reunión mantida esta tarde, que desde o vindeiro venres rexan as medidas do nivel máximo de restricións nos municipios de Vilardevós, Paradela e Maside.

Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións noutros sete concellos galegos, nomeadamente, nos termos municipais de Sobrado, Soutomaior, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo.

Na Mezquita poderá volver abrir a hostalería ata as 18:00 horas pero só nas terrazas, e estarán permitidas as reunións de ata catro non conviventes. E só se poderán desprazar sin xustificación, dentro da provincia, a Boborás, o municipio que ten a súa mesma incidencia. 

A Mezquita seguirá coa hostalería pechada no interior