xoves 21.11.2019
A actividade celebrarase o vindeiro 19 de outubro no edificio da antiga Aduana de Feces

Último día para inscribirse na Xornada de Emprendemento Empresarial da Eurocidade

Dirixida a líderes asociativos, mozos e mozas, voluntarios e asociados, a formación ten como obxectivo promover un espírito creativo e emprendedor nos participantes.

A xornada celebrarase na sede da Eurocidade, na antiga Aduana de Feces de Abaixo.
A xornada celebrarase na sede da Eurocidade, na antiga Aduana de Feces de Abaixo.

Organizada pola Fundación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal, a "Xornada de Emprendemento Empresarial" que acollerá a Eurocidade ten como obxectivo capacitar ás e ós participantes para que o emprendemento social se base en metodoloxías de educación non formal, ademais de promover un espírito creativo e emprededor nos alumnos.

O programa inclúe catro puntos fundamentais: técnicas de procura para o primeiro emprego, como ser un axente do cambio, ideas prácticas para negocios e oportunidades de negocio na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Ó finalizar a xornada formativa, entregaráselles ós participantes un certificado acreditativo de capacitación.

A inscrición é de carácter gratuíto, incluíndo o almorzo, xa que a xornada dará comezo ás 9:30h e finalizará ás 18:30h. Celebrarase na sede da Eurocidade, no edificio da antiga Aduana de Feces de Abaixo, o vindeiro sábado, 19 de outubro. O prazo de matrícula remata hoxe luns e a inscrición pódese realizar a través do seguinte enlace: Inscrición Xornada Emprendemento Empresarial Eurocidade.

Último día para inscribirse na Xornada de Emprendemento Empresarial da Eurocidade
comentarios