domingo. 28.04.2024
Diego Lourenzo, Gerardo Seoane y Nuno Vaz, en la presentación del plan estratégico de la Eurocidade. | FOTO: Noelia Caseiro.
Diego Lourenzo, Gerardo Seoane e Nuno Vaz, na presentación do plan estratéxico da Eurocidade. | FOTO: Noelia Caseiro.

No marco do Plan Estratéxico 2030 da Eurocidade Chaves-Verín, ista fin de semana celebraranse as xornadas "Novas ruralidades. Un futuro novo e prometedor"; unha iniciativa que busca crear comunidade e colaboración entre as persoas emprendedoras do rural. Un xeito de dar a coñecer proxectos xa en marcha e de axudar a aqueles outros que están comezando.

Organizadas pola Fundación Galicia Europa, desenvolveranse os próximos días 24 e 25 de novembro; dúas xorndas deseñadas para compartir, indagar e descubrir as oportunidades que brinda a nosa contorna para o futuro das novas xeracións. Así, combinarán sesións teóricas e prácticas, networking, debates e a posibilidade de coñecer casos de éxito no rural.

No evento ofreceranse mentorías profesionais ós proxectos emprendedores participantes

O obxectivo é propiciar un lugar de encontro no que os e as participantes poidan compartir ideas, establecer conexións e potenciar proxectos colaborativos. Unha ocasión para tecer redes e coñecer as experiencias das persoas emprendedoras dos barrios norte (Galicia) e sur (Portugal) da Eurocidade que desenvolven con éxito as súas iniciativas empresariais.

Pensadas para persoas con inquedanzas emprendedoras, participar nas xornadas require inscrición previa. O punto final do evento será a mentoría profesional ofrecida por especialistas de diversos ámbitos ós proxectos emprendedores que participen. Unha avaliación e asesoramento de expertos para explorar novas oportunidades.

Programa

Venres 24

  • 15:15h: benvida institucional e apertura.
  • 15:30h a 16:30h: "Novas ruralidades. Esto q é?" Sesión teórica impartida por Fran Quiroga.
  • 16:30h a 19:30h: "Creative Session", Diego Parajó dirixe o taller de oportunidades de emprendemento na Eurocidade Chaves-Verín.

Sábado 25

  • 11h a 12h: "Mesa redonda", debate con profesionais dos ámbitos cultural, empresarial e asociativo da Eurocidade.
  • 12:15h a 14h: "Exemplos Inspiradores", exposición de casos de éxito de propxectos emprendedores da man das persoas emprendedoras que os puxeron en marcha.
  • 15:30h a 18h: Mentorías profesionais para proxectos emprendedores presentados polas persoas participantes.

NOTICIAS VERÍN | A Eurocidade promove a colaboración entre persoas emprendedoras no rural