viernes. 26.04.2024
Accidente na Mezquita
O coche accidentado, na pista do Barroque pouco despois das 09:30 desta mañá.

Un condutor (ou condutora, xa que a propiedade do vehículo non está aínda acreditada) abandonou hai unhas horas un coche envorcado no medio dunha pista no concello da Mezquita, no lugar do Pereiro, no concello da Mezquita, nunha pista pouco transitada e coñecida como O Barroque, próxima -a uns 700 metros- do Hostal O Cazador. 

Un veciño alertou aos servizos de emerxencias ás 09:00 horas da mañá, despois de atoparse co coche, un turismo branco da marca Renault, ocupado parte da vía.

Descoñécese polo momento á hora na que se produciu o accidente e cantas persoas viaxaban no vehículo sinistrado, que presenta rotura de cristais. Alertada a Garda Civil, unha patrulla dirixiuse á zona e non atopou persoas ningunha que se fixese responsábel do coche.

Os servizos de emerxencia descoñecen a esta hora se houbo persoas feridas e se estas requiriron dalgún tipo de asistencia médica nalgún centro sanitario.  

Abandona o coche envorcado de madrugada nunha pista da Mezquita