sábado. 27.04.2024
A axenda da fin de semana achega numerosas actividades.
As xornadas micolóxicas da Mezquita contarán cunha saída ó monte para identificar especies.

Como xa vén sendo habitual ó chegar a tempada de outono, dende o Concello e a asociación "Os tres reinos" organizan as "Xornadas micolóxicas da Mezquita". Un día para botarse ó monte e aprender a recoñecer as diferentes variedades de cogomelos que hai nas terras de montaña.

A saída ó monte contará con José Luis Rico, presidente da Asociación Os Cogordos, quen dirixirá un obradoiro de identificación das especies que se atopen ó longo da ruta micolóxica polos montes da Mezquita. A xornada terá lugar o vindeiro 28 de outubro, sábado; día nos que as persoas participantes se encontrarán na Praza do Concello ás 9:00 horas.

Logo do paseo, haberá un xantar con degustación de setas e cogomelos no restaurante O Cazador. A saída ó monte e o obradoiro de aprendizaxe micolóxico é de balde, mais o xantar terá un prezo de 20€. O día rematará con ambiente festivo nunha foliada que percorrerá as rúas da Mezquita a partir das 18:00 horas

Será necesario inscribirse antes do 24 de outubro para poder participar. Aquelas persoas interesadas, poden anotarse a través do teléfono: 988 423 506.

As xornadas micolóxicas da Mezquita inauguran a tempada de outono