
O Concello da Mezquita convoca unha oferta de traballo para cubrir dúas prazas coa categoría de Auxiliar de axuda no fogar.
O prazo para realizar a presentación de solicitudes para participar no proceso de selección será de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP de Ourense.
Convócanse dúas prazas a tempo completo, con contrato laboral temporal. Unha praza terá unha duración de 12 meses e a segunda praza convocada é para de substitución para cubrir unha baixa.
Será necesario presentar o informe da vida laboral, os contratos de traballo que acrediten a experiencia e os cursos de formación realizados, xunto coas solicitudes. Toda a información do proceso e das bases específicas da convocatoria pódense consultar nista ligazón.