martes 27/07/21
Desde o consistorio piden ós gandeiros levantar os peches

A Mezquita intensifica os desbroces a piques de comezar a tempada de alto risco

Casa do Concello da Mezquita. | Foto: Iván Iglesias.
Casa do Concello da Mezquita. | Foto: Iván Iglesias.

O Concello da Mezquita intensifica estes días os desbroces coa axuda dun tractor nas distintas pistas municipais para ter todo disposto para o verán, cando está a piques de comezar a tempada de máximo risco polos incendios forestais. 

Desde o consistorio fan un chamamento, nun bando municipal, ós gandeiros que teñan fincas con peches para o gando nas marxes das pistas para que o “retiren” e así “facilitar os labores de desbroce e evitar danos nos peches”. 

Os traballos iniciáronse fai dúas semanas “en todas as pistas municipais” para combater os lumes, grazas a subvención da Deputación de Ourense para a cesión dun tractor. 

rexedor da Mezquita, Rafael Pérez, pon en valor a importancia das tarefas de prevención na loita contra os incendios forestais. “Todos os anos incidimos niso”, reflexa. 

Galicia inicia o xoves a tempada de alto risco que ten continuidade ata finais de setembro, e que supón a prohibición de facer queimas agrícolas e forestais en toda a comunidade. 

O termo municipal da Mezquita é un dos que figuran cada verán no listado con parroquias de alta actividade incendiaria. Iste ano, a Xunta incluiu á Esculqueira. O rexedor asegura que moitos lumes proveñen de Portugal. 

A Mezquita intensifica os desbroces a piques de comezar a tempada de alto risco
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade