Imprimir

Só dúas administrativas sufriron COVID-19 entre todo o persoal dos centros de saúde da comarca de Verín e limítrofes

Diario do Támega | 18 de maio de 2020

Un operario dunha empresa especializada realiza labores de desinfección no centro de saúde da Mezquita, nunha imaxe de arquivo.
Un operario dunha empresa especializada realiza labores de desinfección no centro de saúde da Mezquita, nunha imaxe de arquivo.

Só dúas administrativas de dous centros de saúde da comarca resultaron contaminadas por coronavirus. O resto do persoal do Sergas deu negativo nos tests serolóxicos de dobre banda utilizados para determinar se os seus traballadores tiveron ou non contacto coa enfermidade. 

As probas realizadas nestes últimos días a todo o personal, sanitario e administrativo, dos diferentes centros de saúde da comarca reflicten que únicamente dúas persoas, de todos eles, acabaron contaxiándose da enfermidade. Segundo puido saber Diario do Támega, só o persoal de servicios xerais dos centros de saúde de Oímbra e A Mezquita -dúas mulleres- deu positivo no test de antíxenos de dobre banda co que foron avaliados.

O resto, tanto médicos, enfermeiras e administrativos dos outros centros de saúde non estiveron contaminados por coronavirus, como así determinaron os tests rápidos aos que foron sometidos. 

Queda por certificar se o facultativo do centro de saúde de Verín que si deu positivo en anticorpos no exame serolóxico que lle efectuaron nunha clínica privada e que logo deu negativo -isto é, non desenrolou antíxenos da enfermidade- tanto no test rápidos de seroprevalencia ao que se someteron a uns 50.000 galegos e o test, tamén rápido aínda que de dobre banda empregado polo Sergas para o seu persoal; tivo realmente ou non a enfermidade.  

Aos anteriores hai que engadirlle os 8 sanitarios do Hospital de Verín que tamén resultaron contaminados por coronavirus, como así confirmou a directora do distrito sanitario, Guillermina Agulla. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/verin/solo-administrativas-sufrieron-covid-19-todo-personal-centros-salud-comarca-verin/20200518154421008638.html


© 2020 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei