A Consellería de Sanidade vén de acordar restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense e de Barbadás. Así o decidiu o comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, logo da xuntanza desta tarde tras analizar a situación epidemiolóxica na comunidade autónoma. Así mesmo, decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas non convivintes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición en Ourense, onde xa estaban en vigor dende o pasado venres.
No municipio de Verín mantense o límite de dez persoas para as xuntanzas, tanto públicas como privadas, pero coa excepcionalidade de que, ao igual que xa ocorrera en Ourense, só se poderán xuntar ata dez aqueles que convivan no mesmo domicilio.
E nos concellos da comarca... Que?
Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e O Barco. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.
Todas estas medidas entrará en vigor dende as 00:00 horas do vindeiro xoves.