Imprimir

A artista local Ana Arias deseña máscaras para os nenos da ludoteca municipal de Oímbra

LARA GARCÍA | 27 de xullo de 2020

Os nenos de Oímbra, diante da cámara xa cas máscaras elaboradas pola artista local Ana Arias. | FOTO: Noelia Caseiro.
Os nenos de Oímbra, diante da cámara xa cas máscaras elaboradas pola artista local Ana Arias. | FOTO: Noelia Caseiro.

Os rapaces da ludoteca de verán do municipio recibiron este luns, 27 de xullo, un presente do Concello de Oímbra: unhas máscaras cun deseño personalizado cos seus propios nomes

A alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, fíxolles entrega aos rapaces dunha colección de máscaras feitas exclusivamente para eles. As máscaras foron deseñadas pola artista local Ana Isabel Arias López, que quixo darlle un tinte persoal ao complemento, integrando o nome de cada un dos cativos. 

Ana Arias é unha artista da comarca, autora do deseño gañador para os carteis do Entroido 2019: "O descanso dos Cigarróns". A artista é recoñecida en Monterrei por ser a vencedora, no ano 2019, do II Concurso de Pintura da Acrópole de Monterrei.

DSC_9941 (FILEminimizer)Ana Villarino entrégalle a unha cativa a súa máscara, durante o periodo de actividades da ludoteca de verán, en Oímbra. | FOTO: Noelia Caseiro.

Desta quenda, O Concello de Oímbra quixo obsequiar aos rapaces do municipio coa arte da artista local, que deseñou para eles unha colección de máscaras personalizadas, coma unha proposta divertida para os cativos que seguen tendo que cumprir as medidas de seguridade, especialmente nas horas que realizan actividades coa ludoteca de verán

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/oimbra/oimbra-artista-local-ana-arias-desenou-mascaras-nenos-da-localidade/20200727190258009693.html


© 2020 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei