martes. 30.04.2024
El incendio se declaró en torno a las 22:30 horas de este martes. | FOTO: Cedida.
Imagen de arquivo dun incendio forestal.

A Consellería do Medio Rural informa de que un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Oímbra, parroquia de A Granxa, está estabilizado dende as 3:55 horas desta madrugada.

O lume iniciouse onte ás 23:19 horas e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 axentes, 6 brigadas e 5 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

NOTICIAS VERÍN | Oímbra estrea a tempada de lumes: 20 hectáreas calcinadas