Imprimir

EN DIRECTO | A banda Nova Era ponlle música ao cinema do FIC (dende as 20:20 horas)

Redacción | 06 de setembro de 2020

A Banda Nova Era, nun dos seus concertos no auditorio de Verín.
A Banda Nova Era, nun dos seus concertos no auditorio de Verín.


No seu afán por ligar música e cinema, ao igual que xa se fixera en edicións anteriores, o Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV programa esta tarde, dende as 20:30 horas, unha actividade paralela a cargo da Banda de Gaitas Nova Era de Verín. Trátase dunha iniciativa no marco da cal un grupo de cinco membros desta banda ofrecerá unha proposta musical orixinal, alternativa e propia a unha curta documental.

A acción pretende pór en valor a música como elemento central da cinematografía, unha cuestión que cada ano ten protagonismo na axenda do Festival Internacional de Curtas de Verín.

A curta á que os membros da Banda de Gaitas Nova Era porán música é O carro e o home, unha película documental en branco e negro dirixida por Antonio Fernández-Román e guionizada entre Xaquín Lorenzo e o propio Antonio Román, que foi rodada en 1940 e estreada en 1945. Finalizada a rodaxe, a película quedou sen sonorizar e Xaquín Lorenzo gardou unha copia en Ourense, que se restaurou e sonorizou en 1980 grazas ao pulo de Eloy Lozano e á colaboración do Museo do Pobo Galego.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cinema/directo-banda-nova-era-ponlle-musica-ao-cinema-do-fic-dende-20-30-horas/20200906200818010763.html


© 2021 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei