sábado 08/05/21
Os usuarios do mesmo comezarán a vacinarse a vindeira semana, por seren a maioría de idades superiores aos 80 anos

Os traballadores do centro de día de Verín reciben a primeira dose da vacina contra a Covid - 19

Todo o persoal do centro de día Raiola de Verín recibiu, esta mañá, a primeira das doses da vacina contra a Covid - 19. Ao hospital comarcal tamén se achegaron, para ese primeiro contacto, os traballadores da Fundación de Discapacitados Psíquicos da vila e persoal doutras institucións sociocomunitarias da comarca. 

Chelo Ferreiro, a directora do centro de día Raiola de Verín, recibindo a primeira das doses da vacina contra a Covid - 19.
Chelo Ferreiro, a directora do centro de día Raiola de Verín, recibindo a primeira das doses da vacina contra a Covid - 19.

Ao longo desta mañá, o persoal do centro de día Raiola de Verín acudiu á unidade azul do hospital comarcal para recibir a primeira das doses da vacina contra a Covid - 19. Foilles subministrada a da farmacéutica AstraZéneca e, segundo a súa ficha técnica, deberán repetir a mesma operación entre a cuarta e a décimo segunda semana logo de inxectar a primeira dose. A citación realizouse dende os servizos centrais do Sergas vía sms aos teléfonos móbiles dos diferentes integrantes do cadro de persoal. 

Iván Olmos, o responsable de comunicación de Raiola, amosou a súa satisfacción por "este novo paso na loita cara a victoria final contra o virus e as súas consecuencias. Estamos moi satisfeitos polo destacado esforzo que tanto o persoal como os usuarios e as familias fixeron neste último ano. Por sorte e tamén debido ao bo facer dos traballadores e das familias dos usuarios, a día de hoxe non tivemos que lamentar ningunha desgraza derivada da pandemia e seguiremos traballando, como o viñemos facendo ata o de agora, no cumprimento estrito dos protocolos", asegurou Olmos Ferreiro.

Iria Quintairos, gerocultura de Raiola.Iria Quintairos, a primeira xerocultora de Raiola en recibir a vacina. 

Tamén o persoal do Fundación de Discapacitados Psíquicos de Monterrei visitaron o hospital para esa primeira toma de contacto coa vacina, así como o resto de persoal dos centros de día da comarca e mesmo aqueles traballadores das empresas concesionarias dos diferentes servizos, como no caso das de transporte. 

Os usuarios maiores de 80 anos serán vacinados a partires deste luns

Á primeira dose dos traballadores do centro de día Raiola, sumaráselle a dos usuarios a vindeira semana. Alomenos, daqueles maiores de 80 anos ou que teñan recoñecido un grao de dependencia de nivel 3. Nos diferentes centros de día de Galicia traballan para convencer á Administración autonómica de que extenda a vacinación a todos os seus usuarios porque, como di Iván Olmos, "no noso caso, sería difícil de explicar que quedaran sin vacinar cinco ou seis dos nosos maiores porque non cumpren algún dos dous requisitos anteriores", sinalou. 

Os traballadores do centro de día de Verín reciben a primeira dose da vacina contra a...
comentarios