domingo 05.04.2020
as irmáns Díaz Teixeira, con todo un batallón de voluntarios detrás, xa levan 2.200 mascarillas confeccionadas para o hospital

Solidariedade e cor para a túa cara

Coa tea que sobrou da tempada primavera-verán da marca Banabaloo Kidswear, Mónica e Sandra Díaz Teixeira xa coseron, de xeito totalmente gratuíto, unhas 2.200 mascarillas para que lles den uso os profesionais sanitarios do Hospital de Verín e tamén os traballadores e usuarios do asilo verinense. 

Os profesionais sanitarios poderán lucir mascarillas un chisco máis atrevidas cas convencionais.
Os profesionais sanitarios poderán lucir mascarillas un chisco máis atrevidas cas convencionais.

Esta mesma mañá a Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) daba a voz de alarma sobre a falta de recursos no Sistema Galego de Saúde para facerlle fronte a esta crise de forma efectiva. 

A nosa comunidade autónoma rexistra 721 contaxios repartidos en A Coruña (195), Lugo (54), Ourense (74), Pontevedra (112), Vigo (152), Santiago (108) e Ferrol (26). Do total de positivos, 28 permanecen na UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 527 encóntranse nos seus respectivos domicilios. 

Segundo o informe da Consellería de Sanidade, seis pacientes foron dados de alta e as defuncións ascenden a doce, 6 máis que nas pasadas 24 horas. As últimas tres mortes, coñecidas na mañá deste sábado, son unha muller de 68 anos e dous homes de 93 e 74 anos que padecían patoloxías previas.

A esta terrible situación súmase a escaseza de medios cos que contan os nosos sanitarios para atender aos contaxiados, de feito, o CESM urxe ao Sergas dotar de materiais imprescindibles para unha adecuada protección dos profesionais, para a correcta atención ós pacientes e para evitar a propagación do virus” e advirten que se se segue sen dispor de equipos de protección “o contaxio dos profesionais está asegurado, o que traerá consigo o colapso da sanidade pública. 

Neste contexto de dificultade, medo e falta de recursos, Mónica Díaz máis a súa irmá, Sandra Díaz, axudadas por as mans de moitos voluntarios (Javier Seijas, Conchi Lamas, Paola Gómez, Joaquín González, Javier Sobrino, Josefa López, Nonato, Matilde e María Isabel) quixeron plantarlle cara o COVID-19 a golpe de solidariedade e moita imaxinación. 

O pasado mércores, co material doado por Banabaloo Kidswear, as irmáns comezaron a tecer o que se convertiron nun total de 2.200 mascarillas, “estamos moi pendentes do teléfono, das redes, da televisión e do que está a pasar, desta maneira mantémonos ocupadas e axudamos no que podemos”, afirma Mónica. 

WhatsApp Image 2020-03-21 at 17.37.41

Colabora moita xente con nós, na casa uns cortan gomas e fan nudos e os outros cosen, e moitas asistentes a domicilio, nos momentos nos que non traballan, axúdannos co que poden (Mónica Díaz Teixeira)

Cando lle preguntamos de onde saiu a idea relátanos: “Estaba agardando nunha cola e vin como unha enfermera levaba bolsas para cortalas e facer mandilóns. Cando cheguei ao taller, falei ca miña irmán e contactamos co Hospital de Verín para levarlle unha mostra. Aceptaron e puxémonos mans á obra”.

Ademais agora imos a facer mandilóns”, engade con satisfacción. Grazas a unha doazón de bolsas por parte da Tintorería Gafra e cun patrón que lle facilitou o hospital, a marca Nicandra comeza hoxe as probas para facer EPIs (Equipos de Protección Individual) caseiros.

Todo un equipo de confección voluntario detrás

Uns 240 metros de tea de algodón, sobrantes da tempada primavera-verán da marca Banbaloo Kidswear, reconvertida en mascarillas aterrizaron estos días no Hospital de Verín, na Residencia Santa María e nas mans de asistentes a domicilio e de particulares -que contribuíron á causa á vontade-. 

WhatsApp Image 2020-03-21 at 17.37.35As dúas irmáns confeccionaron ata o de agora unhas 2.200 mascarillas. 

Esta acción amosa como todos, en maior ou menor medida, podemos contribuír para que esta crise remate o antes posible, sen esquecernos do máis importante: quedar na casa -como advirten as institucións do Estado-.

Solidariedade e cor para a túa cara
comentarios