xoves 17.10.2019
OS SOCIALISTAS OURENSÁNS OCUPARÁN ALGUNHAS RESPONSABILIDADES NAS COMISIÓNS DE IGUALDADE, TURISMO OU ORZAMENTOS NAS CORTES XERAIS

O senador verinense, Juan Carlos Rivera, vicepresidente da Comisión de Orzamentos do Senado

O tamagano, recentemente entrevistado por este xornal, será tamén secretario da Comisión de Infancia, Familia e Adolescencia e vogal na Comisión de Incompatibilidades da Cámara Alta

O senador verinense, Juan Carlos Rivera, visitando a un dos veciños afectados polas fortes treboadas de Monterrei | FOTO: PSdeG
O senador verinense, Juan Carlos Rivera, visitando a un dos veciños afectados polas fortes treboadas de Monterrei | FOTO: PSdeG

Os tres cargos electos ourensáns polo PSdeG para o Congreso e o Senado nas eleccións do pasado mes de maio, ocuparán algunhas responsabilidades de calado nas comisións de Igualdade, Turismo ou Orzamentos. Así pois, o senador verinense Juan Carlos Francisco Rivera será vicepresidente da Comisión de Orzamentos; secretario primeiro da Comisión de Infancia, Familia e Adolescencia; e vogal na Comisión de Incompatibilidades da Cámara Alta. Serán tres, xa que logo, os cargos institucionais que ocupará o senador tamagano do PSdeG despois de ter sido escollido como único senador electo dos socialistas ourensáns no pasado mes de maio.

Juan Carlos Francisco Rivera será vicepresidente da Comisión de Orzamentos; secretario primeiro da Comisión de Infancia, Familia e Adolescencia; e vogal na Comisión de Incompatibilidades da Cámara Alta.

No Congreso dos Deputados, a deputada carballiñesa, Marina Ortega, ocupará a vicepresidencia da comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social mentres que o deputado, Adolfo Pérez Abellás, será portavoz socialista en materia de Turismo e tamén exercerá como adxunto na comisión de Seguridade Viaria, aínda por constituír formalmente.

Os socialistas consideran "moi relevante" a representatividade e as responsabilidades designadas para os deputados, deputadas e senadores ourensáns, nas que afirman que "traballarán activamente a prol de acadar maiores investimentos e novas melloras para Ourense".

O senador verinense, Juan Carlos Rivera, vicepresidente da Comisión de Orzamentos do...
comentarios