O novo senador verinense pola provincia de Ourense, o socialista Juan Carlos Francisco Rivera, sométese ás cuestións do noso colaborador Iván Olmos. Non quedou pao que tocar, dende a actualidade do ámbito estatal, pasando pola autonómica e provincial, ata desembocar na que está máis preto, a de Verín e o seu futuro logo dunha nova maioría do PSdeG - PSOE con Gerardo Seoane como cabeza de lista e novo alcalde.