luns 12/04/21
Acudiron 196 persoas e non se vacinaron 49

Un 73,5 por cento de vacinados na primeira das xornadas no hospital de Verín

Ás nove da mañá comezaba a vacinación para os comprendidos entre os 50 e os 55 anos. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

As tres da tarde deste sábado 13 de marzo remataba no hospital de Verín a primeira das xornadas de vacinación para a poboación en xeral de idades comprendidas entre os 50 e os 55 anos. Segundo os datos facilitados polo Sergas, das 200 persoas citadas inicialmente con primeiro apelido que comezase pola letra "H" e ata a "Mo", acudiron as consultas números catro e cinco do centro hospitalario un total de 196 persoas das 200 totais citadas. Delas, 147 recibiron a vacina e 49, pola contra, non.Os que saíron sen ela foi, marioritarimente, por contraindicacións detectadas no momento de ser suministrada, aínda que algúns dos convocados renunciaron voluntariamente a recibila.

Un 73,5 por cento de vacinados na primeira das xornadas no hospital de Verín
comentarios