sábado 22.02.2020
As estadísticas deste xaneiro de 2020, de manterse, situarían os nacementos a final de ano por enriba da centena

As matronas do paridoiro de Verín terían asistido a 11 partos no que vai de mes se non houbese traslados

O paridoiro de Verín leva pechado dende o pasado día 1 de decembro de 2019.
O paridoiro de Verín leva pechado dende o pasado día 1 de decembro de 2019.

A decisión de Félix Rubial de pechar o paridoiro de Verín por falta de partos semella ter provocado o efecto inverso nas xestantes da Verín e a súa comarca. Esta noite, cara as tres, unha muller embarazada acudiu ás Urxencias do hospital comarcal logo de romper augas. Alí, foi atendida polo equipo de matronas e o xefe do Servizo de Xinecoloxía, Javier Castrillo, quen avaliaron o seu estado e determinaron que non presentaba risco algún de posible parto no traxecto ata o CHUO.

Unha media moi por enriba da que falaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado 20 de xaneiro en Ourense co gallo da ampliación do horario de servizo da unidade de hemodinámica, e que a situaba en "3, 4 ou 5 partos ao mes"

Foi derivada, converténdose na séptima que colle camiño de Ourense no que vai de mes. Outras tres nais alumbraron en Verín en Xaneiro e unha máis nin chegou a personarse no hospital de Verín e decidiu ingresar directamente no CHUO para dar a luz. Todas elas sumarían, en conxunto, e sen rematar o mes de xaneiro, 11 mulleres que terían sido atendidas no paridoiro verinense, unha media moi por enriba da que falaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado 20 de xaneiro en Ourense co gallo da ampliación do horario de servizo da unidade de hemodinámica, e que a situaba en "3, 4 ou 5 partos ao mes".

As matronas do paridoiro de Verín terían asistido a 11 partos no que vai de mes se non...
comentarios