viernes. 26.04.2024
As xuntanzas, tanto públicas como privadas, quedan limitadas a dez integrantes, pero só convivintes

Prohibidas en Verín as reunións entre persoas que non convivan no mesmo domicilio

No municipio de Verín quedan restrinxidas as reunións, tanto públicas como privadas, aos integrantes das mesmas que sexan convivintes. É dicir, que ninguén se poderá reunir con outra persoa coa que non comparta domicilio, tanto dentro coma fóra da casa.

 Tamén os concellos da comarca situánse na mesma fase que ata hoxe estaba Verín, coa limitación de xuntanzas a dez persoas e aforos ao 50 por cento

Vista panorámica del municipio de Verín.
Vista panorámica do municipio de Verín.

A Consellería de Sanidade vén de acordar restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense e de Barbadás. Así o decidiu o comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, logo da xuntanza desta tarde tras analizar a situación epidemiolóxica na comunidade autónoma. Así mesmo, decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas non convivintes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición en Ourense, onde xa estaban en vigor dende o pasado venres.

No municipio de Verín mantense o límite de dez persoas para as xuntanzas, tanto públicas como privadas, pero coa excepcionalidade de que, ao igual que xa ocorrera en Ourense, só se poderán xuntar ata dez aqueles que convivan no mesmo domicilio

E nos concellos da comarca... Que?

Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e O Barco. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Todas estas medidas entrará en vigor dende as 00:00 horas do vindeiro xoves.

Prohibidas en Verín as reunións entre persoas que non convivan no mesmo domicilio