domingo 20.10.2019
Noa Presas, Paula Vázquez e Davide Manzaneda apoiaron a protesta da comisión delegada do centro comarcal

Tres deputados autonómicos acudiron á concentración do persoal e cidadanía ás portas do hospital de Verín

Tres deputados autonómicos quixeron este mediodía acompañar á cidadanía e traballadores do hospital comarcal de Verín na terceira das convocatorias que a comisión delegada do centro organizou ás portas da entrada, como xa vén sendo habitual os venres ás 12:00 horas. Nesta ocasión, a representación do Parlamento de Galicia correspondeu a Noa Presas, do Bloque Nacionalista Galego, e a dous parlamentarios de En Marea, Paula Vázquez Verao e Davide Manzaneda. A primeira deles estivo acompañada polo tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, e ambos mantiveron encontros informais co persoal do centro hospitalario para coñecer máis de primeira man as carencias que presenta. 

No caso dos deputados de En Marea, Jorge Lorenzo, tenente de alcalde de Laza, exerceu de anfitrión e organizou tamén unha xuntanza entre a comisión delegada do hospital e os deputados no Pazo do Hórreo, Davide Manzaneda e Paula Vázquez. 

A concentración rematou cun par de voltas arredor do hospital comarcal, coreando consignas en defensa do mantemento da carteira de servizos da institución sanitaria. 

MÁIS PROTESTAS NA CAPITAL PROVINCIAL

Non foi a única convocatoria en protesta da xestión que está a efectuar o Sergas cos recursos sanitarios na provincia. O colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita volveron a concentrarse ás portas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, como cada día 12 -aínda que desta vez por coincidir en festivo, 24 horas antes- ás 12:00 horas, para reivindicar unha mellora das condicións retributivas e contractuais do seu colectivo, o das enfermeiras contratadas do Sergas.

 

Tres deputados autonómicos acudiron á concentración do persoal e cidadanía ás portas do...
comentarios