xoves 13/08/20
OS QUE DESEXEN ACUDIR DEBERÁN INSCRIBIRSE NO "PECHE" DO HOSPITAL DE VERÍN

Primeira expedición cara Santiago para protestar pola clausura do paridoiro, o vindeiro martes 17

A empresa M. Pérez de A Mezquita trasladará o vindeiro día 17 gratis aos seus veciños a Santiago. | FOTO: R. PÉREZ.
A empresa M. Pérez de A Mezquita trasladará o vindeiro día 17 gratis aos seus veciños a Santiago. | FOTO: R. PÉREZ.

Comeza a peregrinación camiño de Compostela, "unha das moitas", aseguran dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monterrei. O vindeiro martes, diante da Praza do Concello de Verín estarán estacionados os autobuses precisos para levar a todos aqueles que así o desexen -polo módico prezo de cinco euros- ata as inmediacións do Parlamento de Galicia, para concentrarse nas beirarrúas da capital compostelana coincidindo cunha das comparecencias que terá o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. 

Os coches de liña sairán ás 9:30 horas de Verín, para chegar pouco antes do mediodía a Santiago. Os interesados que queiran acudir deberán inscribirse nas listas xa habilitadas a disposición no "peche" organizado no interior do hospital de Verín. 

OS DA MEZQUITA VIAXAN GRATIS

Tal e como así anunciara Rafael Pérez, empresario do sector do transporte de viaxeiros e alcalde da Mezquita, todos aqueles que queiran desprazarse ese mesmo día ata a capital compostelana dende o concello que dirixe farano, a diferenza dos de Verín, totalmente gratis. 

No caso do resto de interesados en achegarse ata Santiago de Compostela, istes deberán abonar cinco euros, que é o prezo reducido que ofrece outra compañía de viaxeiros, neste caso de Verín, solidarizándose coa causa tamén. A Comisión Delegada do hospital de Verín tamén correrá cos gastos doutro ómnibus, posibilitando así que o prezo sexa o marcado para todos os que desexen acudir a Compostela o vindeiro martes 17 de decembro. 

Primeira expedición cara Santiago para protestar pola clausura do paridoiro, o vindeiro...
comentarios