domingo 19/09/21
Ás protestas dos comerciantes sumáronse empresarios de Verín e Chaves

NOTICIAS VERÍN | Un cento de raianos piden, a un e outro lado da fronteira de Feces, que reabra xa

Manifestantes en Feces de Abaixo, sen poder avanzar. | FOTO: M. Ceballos.
Manifestantes en Feces de Abaixo, sen poder avanzar. | FOTO: M. Ceballos.

Aínda que a tarde non acompañaba tanto como no primeiro venres de protestas, a desta foi aínda máis concurrida ca primeira. Ás 20:00 horas estaban chamados a unha nova concentración, diante do vello edificio da aduana de Feces de Abaixo (Verín), non só os comerciantes de localidade -promotores das reivindicacións-, senón tamén os da vila e os da veciña localidade lusa de Chaves, que desta vez quixeron sumarse, sin saír do seu territorio, ás protestas dos cidadáns transfronteirizos españois.

Máis dun cento de persoas volveron a reclamar a reapertura da fronteira, polo menos, no ámbito xeográfico do territorio recoñecido coma Eurocidade, non máis de trinta kilómetros en liña recta, e replicando o modelo francés, que si autoriza o tránsito entre países veciños sempre que os cidadáns sexan transfronteirizos. 

Unha representación dos comerciantes de Feces de Abaixo (Verín) mantiñan este martes unha xuntanza co subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, para lle solicitar a súa mediación perante o Goberno estatal e a reconsideración da prórroga do peche fronteirizo. 

No acto reivindicativo participaron tamén varias autoridades públicas de un e outro lado da fronteira. Pola banda española estaba o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o seu tenente de alcalde, Diego Lourenzo, natural desta localidad fronteiriza.

Non desoiu tampouco o chamamento dos comerciantes o presidente da Cámara Municipal de Chaves, Nuno Vaz, que tamén se achegou ata Vilaverde da Raia (Portugal), a poboación limítrofe coa española Feces de Abaixo. 
 

NOTICIAS VERÍN | Un cento de raianos piden, a un e outro lado da fronteira de Feces,...
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade