martes 27/07/21
Ocorreu este mediodía á altura do número 10 da rúa Constitución

NOTICIAS VERÍN | Un pequeno incendio no cableado público alerta aos veciños do centro de Verín

PHOTO-2021-07-05-13-56-32_1
O técnico encargado do arranxo do cableado na rúa Constitución de Verín.

Arredor deste mediodía un viandante que camiñaba pola rúa Constitución de Verín alertou aos veciños do número 10 de que algo raro estaba a pasar no cableado público. Foi exactamente a esa altura onde comezaron a saír pequenas chispas e fume dun sector dos cables de alumeado, que provocou que os veciños deran aviso aos bombeiros do parque de Verín.

PHOTO-2021-07-05-13-56-27Os bombeiros de Verín acudiron ao lugar dos feitos. | FOTO: M. D.

Tamén ao técnico encargado da reparación que, segundo contou a Diario do Támega, "a orixe foi un fallo nunha peza de aluminio provocado polo desgaste derivado da climatoloxía e do paso do tempo". A avería quedou solucionada poucos minutos despois que, aínda que pequena, provocou que os veciños dos inmobles colindantes quedaran sen luz durante uns minutos

Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Policía Local que regularon o tráfico mentres un dos carrís se mantiña pechado de maneira momentánea.

PHOTO-2021-07-05-13-56-33_1Os cables afectados. | FOTO: M. D.

NOTICIAS VERÍN | Un pequeno incendio no cableado público alerta aos veciños do centro...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade