venres 14/05/21
A primeira fase comezará xa neste 2021

NOTICIAS VERÍN | O Concello investirá 1,8 millóns de euros en renovar o firme das rúas da vila

VERÍN-CALLES-PAVIMENTO-FOCHANCAS-BACHES
Aspecto actual da rúa Santiago Apóstol. | FOTO: María D. F.

Dous anos, 15 kilométros de vía, máis de 30 rúas e 1,8 millóns de orzamento, incialmente sufragados con recursos propios. É o proxecto no que xa traballa o grupo de Goberno do Concello de Verín para remozar, totalmente, o aspecto do firme da vila nas súas principais rúas entre este ano e o vindeiro 2023.

É evidente, e así o recoñecen dende o consistorio, que "as rúas do casco urbán levan moito tempo se recibir unha capa de asfalto que mellore non só o seu aspecto senón tamén a súa banda de rodadura", di o rexedor Gerardo Seoane. Moitas delas teñen fochancas que convirten o tránsito dos vehículos nun lixeiro calvario, outras presentan unha sinalización horizontal deficiente polo seu desgaste e, case a maioría, precisan seren pavimentadas de novo logo do desgaste sofrido tras lustros sen mantemento. 

Gerardo Seoane confía en que "a meirande parte das rúas de Verín teñan renovado o asfalto nos primeiros meses do 2023, data para a que tamén estimo estén concluídas algunas das principais infraestruturas plantexadas por este equipo de Goberno, como a ponte de Queizás cos seus respectivos accesos e a da Preguiza. Verín terá outra faciana e teremos retirado do centro da vila grande parte do tráfico, sobre todo o máis contaminante e pesado", sinalou o rexedor. 

Quenda para os estacionamentos disuasorios

Considerables son as fochancas que presentan varios dos estacionamentos gratuítos postos en marcha por este grupo de Goberno. O ubicado frente a praza do Concello, ou o da rúa Laureano Peláez, entre outros, teñen importantes desperfectos que xa dificultan o seu acceso -no caso do primeiro- como o seu tránsito polo interior -en ambos-. 

VERÍN-APARCAMIENTOS-BACHES-FOCHANCAS | FOTO: Xosé Lois Colmenero.Fochanca no estacionamento disuasorio da rúa Elle de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

O rexedor tamén se quixo referir a este particular e confirmou que en canto remate a época de chuvias "acometerase unha reparación de todos eles para que poidan estar nas mellores condicións antes de que comece o verán", apuntou Gerardo Seoane
 

NOTICIAS VERÍN | O Concello investirá 1,8 millóns de euros en renovar o firme das rúas...
comentarios