sábado 23/01/21
Verín mantense con 26 casos activos, Riós, dous; e Oímbra e Cualedro, un

Ningún contaxio declarado nas últimas 24 horas na comarca de Monterrei

O Sergas realizará un cribado entre os 160 usuarios e traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín, logo de coñecerse un caso entre unha delas. Na comarca, mantéñense os positivos activos deste luns

Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.
Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.

Segundo vén de informar o Servizo Galego de Saúde, nas últimas 24 horas non se rexistrou ningún novo positivo, esto é, en Verín mantéñense os 26 casos activos, en Riós, dous; e en Oímbra e Cualedro, tan só un. O que fai albiscar unha contención na evolución da segunda onda da pandemia no municipio. 

Tamén fontes municipais confirmaron que nos vindeiros días unhas 160 persoas, entre maiores e persoal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín, serán sometidos a un cribado levado a cabo pola Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.  

Ningún contaxio declarado nas últimas 24 horas na comarca de Monterrei
comentarios