viernes. 26.04.2024
manifa
A última manifestación polas rúas da vila en defensa dunha mellora da calidade asistencial sanitaria foi o pasado 23 de marzo de 2018.

"O recente traslado, a petición propia, de tres dos oito dermatólogos con que contaba a Área Sanitaria de Ourense ata agora, fai preciso reorganizar, para garantir esta asistencia, ao conxunto de usuarios da provincia. A xerencia continúa a realizar unha procura activa, en todo o país, para contratar facultativos de xeito estable, ata o momento sen resultados, ante o déficit de especialistas en toda España". E a explicación que dende o Servizo Galego de Saúde ofrecen para xustificar a falta de dermatólogo no hospital comarcal e que todo fai indicar que se prolongará no tempo. 

Segundo apuntan dende a Xerencia en Ourense, co "obxectivo de garantir esta atención, estableceuse un Plan Especial que centraliza en Ourense as consultas presenciais e intervencións dermatolóxicas, de cara a maximizar tempo e recursos, ademais de potenciar a capacidade resolutiva da atención primaria, promovendo programas como o de Teledermatoloxía".

Aseguran tamén os responsables da xestión sanitaria na provincia que se mellorará o equipamento específico para este tipo de consultas nos centros de saúde e se lles permitirá aos médicos de cabeceira rotar polo Servizo de Dermatoloxía co gallo de ampliar os seus coñecementos na especialidade.

Os usuarios que tiñan citas programadas no hospital serán de novo citados polos Servizos de Admisión respectando a prioridade adquirida, á maior brevidade, din dende o Sergas. 

O Sergas confirma que o hospital de Verín deixa de prestar, de xeito temporal, o...