martes 23.07.2019
Os feitos tiveron lugar este sábado e foron provocados por os familiares dos pacientes que agardaban ser consultados

Guardia Civil e Policía Local interveñen nun altercado no servizo de Urxencias do hospital

Non se produciron agresións físicas pero si os profesionais da quenda de garda afectados tiveron que ser atendidos por un capítulo de ansiedade e estrés, logo das ameazas que un grupo de familiares dun paciente protagonizaron este sábado pola noite no servizo de Urxencias do hospital. 

Os feitos tiveron lugar no servizo de Urxencias do hospital comarcal, no portelo de admisións.
Os feitos tiveron lugar no servizo de Urxencias do hospital comarcal, no portelo de admisións.

Axentes da Policía Local e da Garda Civil de Verín acudiron este sábado pola noite ata as instalacións do hospital comarcal de Verín requeridos polos servizos de seguridade do complexo médico logo de que media ducia de persoas que acompañaban a un enfermo que agardaba ser atendido en Urxencias, visiblemente alterados, comezaran a atentar contra o mobiliario e equipos informáticos da institución e mesmo chegaran a proferir insultos e fortes ameazas ao persoal de garda. 

O departamento xurídico do hospital traballa xa na determinación dos danos ocasionados en colaboración coas forzas e seguridade do Estado, para avaliar a súa contía e requerirlla aos responsables do incidente. Si recibiron asistencia médica por capítulos de estrés e ansiedade os integrantes da quenda de garda vítimas das ofensas e intimidacións das que foron obxecto.

A xerencia do hospital viuse na obriga de activar o protocolo de agresións ao persoal sanitario do centro. 

Guardia Civil e Policía Local interveñen nun altercado no servizo de Urxencias do hospital
comentarios