luns 06.07.2020
O líder do PSdeG-PSOE di que a "Xunta ten que tomar todas as medidas para que abran sen agardar a setembro"

Caballero esixe á Xunta a reapertura dos centros de día porque "institucións como Raiola son unha prioridade social"

Gonzalo Caballero, secretario xeral dos socialistas galegos e candidato á Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE, referiuse na súa visita a Verín ao peche dos centros de día para maiores decretado por Feijóo ata o mes de setembro. Defendeu Caballero Míguez ás institucións como "Raiola, que sabemos que é un centro de día moi importante para os seus usuarios" e instou á Feijóo "a que tome todas as medidas necesarias para que este tipo de servizos aos maiores con dependencia ou persoas con diversidade funcional abran o antes posible". 

Gonzalo Caballero, na súa comparecencia este venres diante do hospital de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.
Gonzalo Caballero, na súa comparecencia este venres diante do hospital de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.

"Se Feijóo non rectifica, será un goberno progresista cun claro compromiso social o que dará todas as garantías sanitarias e todas as axudas aos centros de día para que poidan funcionar con normalidade o antes posible, cando xa está permitido e por seren unha prioridade social para Galicia e, tamén, nomeadamente para Verín como o é o centro de día municipal Raiola", asegurou a Diario do Támega o líder dos socialistas galegos e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, que este venres visitou o hospital de Verín nun acto de abandeiramento da súa política sanitaria e social, logo da loita que mantivo a poboación da vila e da comarca cando a Consellería de Sanidade optara por pechar o paridoiro. 

Se Feijóo non rectifica, será un goberno progresista cun claro compromiso social o que dará todas as garantías sanitarias e todas as axudas aos centros de día para que poidan funcionar con normalidade o antes posible, cando xa está permitido e porque son unha prioridade social para Galicia (Gonzalo Caballero, líder do PSdeG e candidato á Xunta de Galicia)

Caballero Míguez apuntou que "neste momento de desescalada temos que defender os dereitos dos cidadáns que están nunha situación máis vulnerable, como eses maiores con dependencia ou aquelas persoas con diversidade funcional que merecen ter un respaldo dende o Goberno autonómico que lles permita reiniciar a súa actividade nos centros de día, onde mediante a súa participación manteñen en boas condicións a súa saúde mental, a súa situación anímica ou a súa actividade física".

Instamos a Feijóo a que rectifique, dende o PSdeG estamos a carón de todas as institucións de axuda social que reclaman a reapertura dos centros de día e queremos facelo en Verín onde sabemos que o centro de día Raiola é moi importante para todos os seus usuarios (Gonzalo Caballero)

O candidato do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, foi máis alá e dixo non entender que "cando xa abren as cafeterías ou nos podemos mover entre provincias, o goberno da Xunta non estea tomando todas as medidas necesarias para que os centros de día volvan a funcionar antes do mes de outono. É algo ao que instamos a Feijóo a carón de todas as institucións de axuda social que reclaman a reapertura dos centros de día e queremos facelo en Verín onde sabemos que o centro de día Raiola é moi importante para todos os seus usuarios", afirmou o candidato socialista á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero. 

Caballero esixe á Xunta a reapertura dos centros de día porque "institucións como...
comentarios