viernes. 26.04.2024
esquela2
Un verinense le con atención as necrolóxicas, nun dos espazos habilitados para elas na avenida de Laza, este venres. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Xa se coñece a nova acción de protesta argallada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca de Monterrei, en colaboración coa Comisión Delegada do hospital de Verín. Mañá sábado, ás 17:00 horas, a sociedade de Verín e municipios limítrofes está convocada a un enterro, o do "mozo" Hospital de Verín. Segundo din nunha necrolóxica que se está espallando polas redes e físicamente nos lugares habilitados na vila para elas, foi asasinado o día 1 de decembro de 2019 por os seus curmáns políticos, istos son, Feijóo, Almuíña, Rubial, Abad e os xefes dos servizos de Obstetricia e Pediatría do CHUO -José Luis Doval e Santiago Fernández Cebrián, respectivamente-.

esquelaEsquela espallada por todo Verín e tamén polas redes sociais, convocando a unha nova concentración na praza Maior. 

O funeral terá lugar ás cinco de tarde na praza Maior e a condución dos restos do hospital verinense será a continuación. A organización pide que os asistentes acompañen ao cadaleito polas beirarrúas da avenida de Laza, ao non contar con autorización para a manifestación. Será soterrado, simbolicamente, nas inmediacións do propio edificio.

As honras fúnebres pola morte do hospital de Verín serán este sábado ás 17:00 horas na...