xoves 22.08.2019
Máis de 40 pais e nenos desfrutaron das verbas do profesor

Gran acollida na Biblioteca Municipal da presentación do libro "Ficcionario" de Fran Guede

O profesor Fran Guede durante a presentación.
O profesor Fran Guede durante a presentación.

O pasado venres 7 de xuño, Fran Guede presentou na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín o libro "Ficcionario", con textos propios e ilustracións de Alberto Carballo.

A obra da editorial Autografía está dirixida a todos os membros da familia, tanto pais coma nenos. O autor define o seu libro do seguinte xeito: "Ficcionario, naceu un día no que as verbas que atopaba no dicionario - guerra, fame, xenofobia...- non me gustaban, e decidín facer un que tivera unhas palabras máis fermosas".

A presentación tivo a cálida acollida de máis de 40 nenos e nenas, que xunto aos seus pais quixeron amosar o seu apoio ao profesor do Colexio Amaro Refojo de Verín. 

Esta presentación foi o colofón das actividades de Fomento á Lectura que organiza a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín no curso 2018/2019. 

Gran acollida na Biblioteca Municipal da presentación do libro "Ficcionario" de Fran Guede
comentarios