mércores 28/07/21
O libro naceu baixo a coautoría de Rafael Godás e Marco García, profesores de imaxe e son

NOTICIAS VERÍN | O FIC Vía XIV acollerá a presentación de 'Son para audiovisuais', con trucos e técnicas para crear bandas sonoras profesionais

Libro 'Sonido para audiovisuales',  de Marco García e Rafael Godás. | FOTO: Cedida
O libro 'Son para audiovisuais'.

A VI edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, FIC Vía XIV, acollerá como unha das súas actividades paralelas a presentación da obra 'Son para Audiovisuais', cuxos coautores son Marco García Torres e Rafael Godás Ibáñez, profesores na área da imaxe e do son. A publicación traslada aos lectores técnicas, trucos e exemplos de probada eficacia para que poidan empezar a crear bandas sonoras con resultados profesionais.

“A ligazón entre son e cinema ten un amplo percorrido e no noso Festival adoitamos adicar a esta cuestión algunha das nosas actividades paralelas. Por iso, decidimos que esta obra se presente no marco do noso certame: como un xeito de seguir afondando na conexión entre ambos os eidos”, sinala Carlos Montero, director do FIC Vía XIV.

A publicación está editada por Altaria, unha editorial especializada en manuais técnicos para estudiantes de Formación Profesional. “O primeiro público obxectivo da obra é o dos estudantes”, sinala Godás Ibáñez porque “nós, os autores, somos profesores”. “Con esta presentación, a primeira que realizamos da obra, pretendemos ampliar o público ao que se dirixe a publicación e levala tamén ata posibles creadores”, engade.

NOTICIAS VERÍN | O FIC Vía XIV acollerá a presentación de 'Son para audiovisuais', con...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade