sábado 14.12.2019
Aqueles que queran ter un posto na feira deberán formalizar a inscrición antes do 30 de outubro

Aberto o prazo para participar na Feira de Outono 2019 de Verín

Semella que non coa calor que vai istes días, pero xa estamos no outono. E con el chegan castañas e cogumelos como produtos de tempada e algunha que outra peza de la para protexerse dos fríos matinais. O Concello de Verín volta organizar a Feira de Outono, dista vez celebrarase os días 9 e 10 de novembro.

Feira de Outono 2018 en Verín.
Feira de Outono 2018 en Verín.

O Concello de Verín vén de abrir o prazo para a inscrición de expositores na Feira de Outono que se celebrá na vila ó longo da fin de semana do 9 e 10 de novembro. Todos aqueles interesados en ter unha caseta e participar na feira deberán darse de alta antes do vindeiro 30 de outubro.

Será a quinta edición dunha feira que promove a exaltación dos produtos de tempada ecolóxicos, polo que para participar será condición indispensable que a temática do posto estea relacionada cos produtos alimentarios típicos de outono.

Como cada ano, a Feira de Outono estará ubicada nunha carpa na Praza Maior de Verín, con horario de mañá e tarde ó longo da fin de semana. Dende o Concello de Verín recomendan a rápida inscrición dos interesados, por mor da limitación de espazo para expor os produtos. Dita limitación fai que se realice a asignación de postos por orde de entrada e pagamento.

Aberto o prazo para participar na Feira de Outono 2019 de Verín
comentarios